A Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, contempla o desenvolvemento da competencia profesional e a formación continuada ao longo da vida laboral, como elementos estratéxicos da organización, sendo base fundamental para o desenvolvemento do sistema sanitario e a mellora permanente da calidade dos servizos que presta aos cidadáns.
Neste sentido, o dar resposta de forma completa e eficaz ás necesidades cambiantes do usuario e da sociedade, converten á docencia, a formación e á investigación en alicerces fundamentais que adecúan de maneira permanente as competencias (coñecementos, habilidades e actitudes) aos obxectivos asistenciais e organizativos da nosa organización, así como ás aspiracións e inquietudes dos traballadores, garantíndose a súa capacitación e adaptación ás esixencias científicas, tecnolóxicas e de xestión actuais.