Terá lugar o día 3 de decembro ás 16.30 horas dende o salon de actos de ACIS en Santiago de Compostela.
Esta Xornada será o punto de encontro para que profesionais de todas as áreas sanitarias e organizacións do Servizo Galego de Saúde poidan intercambiar e compartir modos de actuación, experiencias e proxectos, poñendo en valor a súa profesionalización e vocación, co único fin de proporcionar a mellor asistencia posible a pacientes.
Dada a situación que estamos vivindo, a Xornada desenvolverase de xeito virtual. A conexión realizarase a través da ligazón seguinte.
Esperamos poder contar coa túa asistencia. Do mesmo xeito, agradecemosche a máxima difusión posible entre todos aqueles que poidan estar interesados en asistir virtualmente.