h1

O festival está organizado por Correos y Telégrafos, dentro do seu programa Correos Reparte Sonrisas, que conta coa colaboración de Payasos Sin Fronteras

 
O obxectivo destes espectáculos é axudar aos nenos ingresados a levar mellor o tempo de hospitalización
 
O Servizo de Pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti acollerá o vindeiro mércores, día 1 de outubro, un espectáculo infantil destinado aos nenos e nenas ingresados neste centro hospitalario.
 
O acto foi organizado pola sociedade estatal Correos y Telégrafos, dentro do seu programa Correos Reparte Sonrisas, que este ano acada a súa décimosexta edición, e que que conta coa colaboración de Payasos Sin Fronteras.
 
O espectáculo terá lugar ás 11:30 horas, na sala de xogos da unidade de hospitalización de pediatría e terá unha duración aproximada dunha hora.
 
Durante ese tempo, os artistas da asociación Payasos sin Fronteras actuarán para os nenos e nenas ingresados tentando poñer en valor a importancia dunha sonrisa para paliar e axudar a superar as circunstancias negativas que atravesan os nenos hospitalizados, así como as súas familias.
 

A organización non gubernamental Payasos sin Fronteras, e a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, o mesmo que os hospitais como o Hospital Universitarios Lucus Augusti, desde a súa experiencia e traballo con nenos que sofren enfermidades ou que requiren hospitalización, constantan os beneficios da risa e do humor para soportar mellor a hospitalización, desdramatizar dita situación e facer máis humano o ambiente nos centros hospitalarios.

Ademais estas actividades lúdicas axudan a mellorar a calidade de vida do neno ingresado ou sometido a tratamentos de longa duración, a reducir o impacto e o estrés emocional que acompañan a enfermidade, entre outros beneficios.
 
Por este motivo, Correos y Telégrafos organiza de xeito periódico en distintos centros hospitalarios este tipo de actos festivos, nos que a risa e o bo humor sempre están presentes. Os nenos e nenas ingresados no Hospital Lucus Augusti poderán presenciar e disfrutar o vindeiro mércores un destes espectáculos.