É o hospital de referencia da área norte da provincia de Lugo, cunha poboación de dereito de 72.124 persoas (datos do INE, padrón de habitantes de 2005) que se ve incrementada nun 50 % nos meses do verán e nas vacacións por ser zona turística; a zona está a sufrir nestes últimos anos unha gran presión urbanística que dispara aínda máis a poboación na temporada estival.
A área engloba os concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, O Valadouro, Alfoz, Cervo, Burela, Xove, Viveiro, Ourol e O vicedo, costeiros uns e de montaña os outros.