A investigación, a docencia, o desenvolvemento científico e a innovación no ámbito sanitario na área de Lugo canalízase a través da Fundación Ramón Domínguez.
Pretende ser un referente na xestión especializada e a promoción da investigación na contorna sanitaria, actuando de soporte dos grupos de investigación en todas as fases da cadea de valor da investigación biomédica e en saúde en xeral.
As actividades da Fundación Ramón Domínguez enmárcanse en catro grandes ámbitos:
- A xestión especializada da investigación.
- A promoción da investigación en liña coas directrices das Áreas Sanitarias de Santiago e Lugo e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) en particular.
- A innovación como ferramenta de transferencia á sociedade dos resultados da investigación.
- O fomento das alianzas con actores estratéxicos da súa contorna.