?
Radiodiagnóse é a especialidade médica que se ocupa do estudo morfológico, dinámico, morfofuncional e de actividade celular das vísceras e estruturas internas, determinando a anatomía, variantes anatómicas e cambios fisiopatológicos ou patolóxicos, utilizando sempre, como soporte técnico fundamental, as imaxes e datos funcionais obtidos por medio de radiacións ionizantes ou non ionizantes e outras fontes de enerxía.
O Servizo de Radiodiagnose baséase na tecnoloxía dixital e nos sistemas de información e ten como obxectivos proporcionar servizos sanitarios diagnósticos e terapéuticos coa maior rapidez de resposta e co máis alto nivel de calidade e eficiencia, formar a novos profesionais e intervir en proxectos de investigación.
A realización de probas radiológicas está encamiñada a conseguir un mellor coñecemento da estrutura e función do corpo humano en estado de enfermidade ou de saúde de modo que o radiodiagnóstico ten o seu campo de acción en tres áreas fundamentais: diagnóstico precoz, diagnóstico e manexo da enfermidade e das súas complicacións, intervencionismo diagnóstico e terapéutico.
Radiodiagnose é unha especialidade clínica que ten unha estreita relación coa maioría das especialidades médicas e cirúrxicas e intégrase nos equipos multidisciplinares do hospital co fin de que as probas radiolóxicas diagnósticas ou terapéuticas necesarias no proceso de atención ao paciente se realícen de modo adecuado.
O especialista en radioloxía é o garante de que as probas que requiran radiacións ionizantes estean debidamente xustificadas, e se realícen coa mínima cantidade de radiación posible e debe realizar un informe escrito dos estudos realizados.