Coa Xornada Online que vos presentamos hoxe, 12 de Maio de 2021, queremos celebrar o Día Internacional da Enfermería, día en que lembramos o aniversario do nacemento de Florence Nightingale así como o recoñecemento de ser os profesionais da Saúde máis confiables e respectados.
O lema para este ano 2021 é: Enfermería: Unha voz para liderar - Unha visión de futuro para a atención de saúde.
En 2021 buscamos mostrar como a enfermería mirará cara ao futuro e como a profesión transformará a próxima etapa da atención médica.
Continuamos neste ano 2021 inmersos na pandemia causada pola COVID-19 (feito que nos condiciona no formato de celebración da Xornada), co reto de responder a unha campaña de vacinación sen precedentes que nos axude a recobrar a normalidade, e de manter a actividade asistencial con calidade e seguridade para os nosos pacientes.
Hoxe máis que nunca a Enfermería merece un especial recoñecemento ao seu esforzo por coidar dos pacientes da nosa Área Sanitaria.
Desde o Hospital Público de Monforte organizamos esta Xornada co desexo de expoñer un ano máis o traballo da profesionais da área Sanitaria.
Subdirección de Enfermería
Hospital Público de Monforte
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos