Consideramos a formación dos residentes como un aspecto primordial dentro do servizo, formación que debe ser asumida por todo o servizo.
OBXECTIVOS DOCENTES
Os obxectivos docentes na formación especializada no campo da angiología e cirurxía vascular comprenden tantos os aspectos teóricos do diagnóstico e tratamento da patoloxía vascular así como o manexo cirúrxico das enfermidades que afectan o sistema circulatorio periférico. Por iso, a formación dos residentes debe comprender a aprendizaxe das habilidades médicas desenvolvidas nas áreas de hospitalización, consultas externas e urxencias, así como as habilidades que se deben adquirir na área cirúrxica.
A formación dos residentes na especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular pasa por varios aspectos que desagregamos en:
Formación práctica:
- Rotacións internas
- Rotacións externas
- Rotacións noutros Servizos de Cirurxía vascular
Formación teórica:
- Formación continuada (Sesións e seminarios)
- Congresos nacionais e internacionais
- Bolsas e premios
- Traballos de investigación