h1

Lugo, 7 de xullo de 2017 - O Laboratorio de Análises Clínicas do Hospital Universitario Lucus Augusti continúa na senda da excelencia e segue a dar pasos que avalan a súa competencia técnica e a calidade de todos e cada un dos procesos que nel se levan a cabo.
 
Así hai uns días a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) renovou a acreditación ISO 15189:2013, concedida no seu momento ao Servizo de Análises Clínicas do Hospital Universitario Lucus Augusti e ampliou o seu alcance, detallado no Anexo Técnico​ embaixo.
  
​A concesión de dita acreditación conforme á Norma UNE-EN ISO 15189:2013 (Laboratorios Clínicos: requisitos particulares relativos a la calidad y a la competencia) supón un recoñecemento obxectivo e unha constatación da competencia técnica de todo o equipo de profesionais que forma parte do Laboratorio de Análisis Clínicas do Hospital Universitario Lucus Augusti, así como da idoneidade dos procesos que empregan e dos recursos técnicos utilizados.
 
O Laboratorio de Análises Clínicas do Hospital Lucus Augusti foi o primeiro laboratorio da rede SERGAS que conseguiu unha acreditación de calidade segundo a Norma Europea UNE-EN ISO 15189. No ano 2009 superou a súa primeira auditoría externa realizada pola ENAC, que se materializou na consecución da súa primeira acreditación. Dende entón, e ata o día de hoxe, o Servizo de Análises Clínicos, non só superou un traslado desde as súas instalacións orixinais ata o actual Hospital Lucus Augusti, senón que ademais superou con éxito varias auditorías internas e externas realizadas por ENAC.
 
A norma de acreditación internacional ISO 15189:2013 esixe uns amplos e estritos requisitos relativos á calidade e competencia que deben reunir os laboratorios de análises clínicas para poder seren acreditados e avalar así a súa excelencia técnica.
 
Polo tanto, a concesión de dita acreditación por parte da ENAC supón un valor engadido en canto á fiabilidade dos resultados analíticos, que se traduce nunha maior confianza e seguridade, tanto para o paciente como para os profesionais responsables da súa asistencia.
  
Laboratorio de Análises Clínicas do Hospital Lucus Augusti é o Laboratorio de referencia para a área sanitaria de Lugo e da provincia.

Desta maneira, dende xaneiro do 2015 centralizóuse nel todo o Laboratorio externo da EOXI Lugo, así os Hospitais de Monforte y Burela derivanas probas que eles non realizan para ser procesadas no HULA, o que supon un aforro de costes, ou para enviar a Laboratorio externo concertadoPara isto foi necesario crear un Petitorio electrónico unificado con ditos hospitais e os resultados das determinacións se integran na Historia Clinica do paciente, para ser visualizadas polos médicos peticionarios.​  

A súa misión é ofrecer os servizos de información en análisis clínicas para dar soporte ás decisións clínicas, diagnósticas e terapéuticas que demanda o sector sanitario a través da súa carteira de servizos, cos niveis de calidade técnica que marcan os referentes internacionais e coa calidade do servizo que merece o usuario, xa sexa o paciente ou o profesional sanitario.
   
No ámbito da actividade sanitaria o Laboratorio participa no diagnóstico, seguimento e prevención das enfermidades por medio da observación, transformación e medida cualitativa e cuantitativa das mostras biolóxicas.
 
Un servizo esencial
 
O Servizo de Laboratorio é esencial para a asistencia ao paciente e é un servizo clave dentro do funcionamento de calquera hospital. Polo tanto, teñen que traballar de forma que satisfagan as necesidades de todos os pacientes e tamén do persoal clínico responsable da súa asistencia sanitaria.

Os seus servizos inclúen dende as peticións de análises, a preparación e identificación do paciente, a toma de mostras, o transporte en neveiras dende os Centros de Saúde e hospitais da EOXI ao HULA, o rexistro, o almacenamento, o procesado e análise das mostras, xunto coa validación, interpretación e comunicación dos resultados obtidos.
 
O Laboratorio de Análises Clínicas do Hospital Lucus Augusti conta con arredor de medio cento de profesionais. Este servizo realiza unha importante labor asistencial, xa que nel analízanse, cada ano, máis de 4.500.000 determinacións analíticas.
 
A renovación da acreditación é un recoñecemento explícito ao labor de todo o persoal deste servicio, e un acicate para seguir a traballar, segundo as directrices marcadas na súa política de calidade, para ser un referente dentro do sector sanitario público en materia de análises clínicos, asegurando en todo momento a competencia técnica do seu persoal e dos resultados obtidos.
 
 
 

​ 

​ 

Documentos relacionados Documentos relacionados