h1

Profesionais de enfermería dos centros de saúde e hospitais da provincia de Lugo celebrarán este día cunha xornada organizada este ano polo Hospital de Monforte

Lugo, 5 de maio de 2015.-  Profesionais de enfermería de toda a provincia de Lugo, tanto dos centros de saúde como dos tres hospitais,  reuniranse en Monforte de Lemos para conmemorar o día internacional desta profesión, que este ano foi organizado polo Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. Dita celebración, que consistirá nunha xornada divulgativa, terá lugar o vindeiro 12 de maio no salón de actos do Hospital de Monforte e contará coa presencia de máis dun centro de profesionais sanitarios.

Baixo o lema “A enfermería, unha forza para o cambio. Eficaces en coidados, eficientes en custes” contará con ponentes de toda a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, que disertarán sobre temas de actualidade relacionados coa profesión e a asistencia sanitaria, de xeito que se faga visible o seu traballo diario a prol da sanidade pública e da saúde dos pacientes.

A xornada dará comezo ás 9,30 da mañá coa inauguración oficial. Ás dez terá lugar a primeira ponencia, que versará sobre a prescripción da profilaxis antibiótica en cirurxía non ambulatoria, a cargo de María Ángeles Martínez López, supervisora da área de Calidade e Docencia do Hospital de Monforte. A continuación, Olimpia Gallo Gasalla, enfermeira do Hospital de Monforte, abordará a influencia das drenaxes nas complicacións temperás da cirurxía de cadeira e xeonllo, mentras que Reyes González Rivera, enfermeira do centro de saúde de Sarria, falará sobre as enfermeiras especialistas en medicina familiar e comunitaria.

¿Quen coida ao coidador enfermeiro? será o eixe da charla de Tomás Barrero Delgado, enfermeiro do centro de saúde de A Milagrosa, en Lugo. Os novos desafíos da enfermería, coidar e investigar, serán desgranados por Rosa Blanco López, supervisora de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti, mentras que Ana Rosa Devesa Fernández, supervisora do Hospital de Día de Oncohematoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, compartirá a experiencia na consulta de enfermería oncolóxica do Hospital de Día Oncohematolóxico do HULA.

Tras un receso, Gloria Enríquez, responsable de Humanización da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, dará a conocer o proxecto Voluntariado Gold, que se leva a cabo no ámbito de toda a Estrutura de Xestión Integrada, e Olga Roca Bergantiños, supervisora da área de Calidade do Hospital Universitario Lucus Augusti incidirá en cómo a xestión dos riscos axuda a reducir custes.

Finalmente, Javier Coria Abel, enfermeiro do Hospital da Costa tratará o illamento social, mentras que Ana Vázquez Martínez, supervisora de calidade do Hospital da Costa abordará a seguridade transfusional, coa comprobación do grupo a pé de cama.

A conferencia de clausura será impartida por María Luisa Fraga Sampedro, supervisora de Formación Continuada da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol, que falará sobre a enfermeira especialista, como unha forza para o cambio dende a mellora da saúde da comunidade.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN